publicidade hoxe

Rueda asina en Caldas de Reis a reversión do Centro Comarcal da Tafona ao concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de ReisLocal PortadaPontevedra
A-
A+
Sinatura do acordo

Sinatura do acordo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o delegado da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís, visitaron esta mañá o concello de Caldas de Reis para asinar co seu alcalde, Juan Manuel Rey, a reversión do Centro Comarcal da Tafona ao Concello.

O acto de Caldas, enmarcase nunha rolda de visitas que o vicepresidente está a facer para formalizar a reversión aos concellos interesados dos inmobles dos antigos centros comarcais; un exemplo de racionalización de recursos e cooperación entre administracións, que nas últimas semanas repetiuse en lugares como A Cañiza, Mondoñedo ou A Estrada.

Neste sentido, a Xunta foi pioneira na aposta pola racionalización da Administración, coa posta en marcha hai catro anos dun ambicioso Plan de racionalización da administración paralela, unha senda que despois seguiron o resto de autonomías e o Goberno central.

Este plan está iniciando a súa terceira fase de desenvolvemento e nas dúas primeiras tense traducido nun aforro de máis de 40 millóns de euros, na eliminación de case 60 entes da Administración paralela e en máis de 400 melloras nos organismos que se manteñen.

Precisamente, entre os entes extinguidos atópanse as fundacións comarcais, cuxa reformulación ten permitido eliminar duplicidades e gañar en eficiencia, ao tempo que se manteñen os servizos que reciben os cidadáns, cumprindo así os obxectivos que guían o plan de racionalización da Administración paralela.

O Centro Comarcal de Caldas está ubicado na Finca A Tafona, nunha parcela de preto de 500 metros cadrados. Actualmente é sede da Oficina Agraria Comarcal, que se manterá polo importante servizo que está a prestar aos agricultores e gandeiros da zona. Ademais, o Concello está a estudar distintas posibilidades para dotar ao edificio de novos usos.

14 de febreiro de 2014 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.