Ribadumia convértese en capital do Baile Deportivo
Este domingo 16 de febreiro a partir das 11 da mañá e ata as nove da noite, no Pavillón Municipal da Senra, o Concello de Ribadumia converterase na capital do Baile Deportivo.
Este I Trofeo de Baile, Campionato Galego e Open internacional organizado polo Concello de Ribadumia e o Club de Baile Deportivo Btroula reunirá a mais de 150 parellas de toda España e norte de Portugal. Estará dirixido por Breogán Pérez, Presidente do Club BTROULA, Xuíz e adestrador de baile deportivo e presentado po lo bailarín Manuel Trillo.
A competición acadará a maior atención partir das 15:30, cando se disputen as fases finais destas competicións.
Un mes intenso en competicións.
El club BTROULA xa participou está fin de semana no Campionato de España de Baile Deportivo en Benalmádena (Málaga). Os resultados nesta competición e na Copa de Promoción foron moi satisfactorios quedando finalistas na categoría Xuvenil, a parella formada por Joel Espada e Elena Romero. Tamén foron gañadores na modalidade estándar e latino a parella de Ribadumia Paula Sánchez e Alejandro Platis, promocionando así de categoría.
Tamén participarán Manel López e Beatriz Veiga, Adrián Esperón e Patricia Martínez, actuais Campións de España de 10 Bailes nas súa respectivas categorías.
Estas parellas e demais bailaríns galegos, nacionais e internacionais estarán en Ribadumia











