Ribadumia comeza as obras de mellora lumínica do pavillón de Sisán
O Concello de Ribadumia inicio as obras de mellora do alumeado no pavillón de Sisán, actuacións que van permitir optimizar as súas condicións de uso e a máxima comodidade dos deportistas e do público durante os adestramentos e as competicións deportivas.
A mellora da iluminación era unha demanda dos usuarios do pavillón a que se da resposta mediante a remodelación de antigas instalacións con novas luminarias que ademais dun gran aforro enerxético supoñen unha mellora das condicións visuais, un factor fundamental á hora de practicar deporte.
Con esta mellora e realizando unha eficiente utilización da iluminación, conseguirase unha inestimable redución na factura eléctrica ademais, o baixo mantemento e a vida útil das novas luminarias farán que o investimento se recupere nun breve período de tempo.
As obras comezan esta mesma semana, pero os equipos e as escolas deportivas que adestran nel poden continuar utilizando posto que non se vai obstaculizar a pista de xogo.
Actualmente este pavillón acolle de forma fixa as escolas deportivas de patinaxe e tenis de mesa ademais da práctica puntual de fútbol sala e outros actividades que solicitan os distintos clubs e afeccionados do Concello de Ribadumia











