Rey Varela visita as obras de mellora levadas a cabo no cemiterio municipal de Catabois

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, visitou esta mañá as obras de mellora dos aseos do Cemiterio Municipal de Catabois, que responden a unha demanda veciñal dende anos. O primeiro edil da cidade estivo acompañado do concelleiro de Servizos, Borja Carro Muñoz, e a concelleira de barrio de San Pablo – Catabois, Verónica Casal Míguez.

O rexedor municipal manifestou que as obras realizadas no Cemiterio Municipal “permiten dignificar e mellorar a imaxe destas instalacións”, ao tempo que felicitou aos operarios da cuadrilla municipal “polo seu magnífico traballo”. Neste senso, a Administración ferrolá dispuxo dun proxecto para dotar destes novos aseos ao cemiterio e cuxo custe ascendía a 40.000 euros, pero grazas á realización das obras por parte de operarios da cuadrilla municipal os custes quedaron reducidos en exclusiva ao subministro de materiais polo que ascenderon a 8.000 euros aproximadamente. Así, os traballos de mellora incluíron a instalación de novos aseos para homes e mulleres así como un cuarto de baño específico para minusválidos

Reforzo da estrutura e pintado das arcadas e a capela

Ademais, o Goberno Municipal acometerá obras de reforzo na estrutura así como o pintado das dúas arcadas e a capela. Estes traballos de mellora darán resposta a anos de deterioro e falta de mantemento nas instalacións municipais. As obras permitirán fixar e reforzar as estruturas, eliminar as gretas, evitar as filtracións e levar a cabo un pintado integral das dúas arcadas e a capela. Este proxecto está valorado en 175.000 euros, aproximadamente, e estará cofinanciado polo Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación Provincial da Coruña.

20 de febreiro de 2014 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.