Rey Varela visita ao alumnado do Cifp Rodolfo Ucha de Caranza que participan en “Ferrol en activo”

Rey Varela na visita ao centro
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, e a concelleira de Igualdade e Xuventude, Verónica Casal Míguez, visitaron esta mañá aos alumnos e alumnas do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Rodolfo Ucha Piñeiro, en Caranza. Esta visita enmárcase np programa “Ferrol en activo”, que se está a desenvolver neste centro. Esta iniciativa, promovida pola Concellería de Xuventude, pretende formar aos mozos e mozas en materia de busca activa de emprego aproveitando os recursos das novas tecnoloxías e o estudo dunha entrevista de traballo.
O centro educativo Rodolfo Ucha é un dos oitos centros que acollen estas xornadas de emprego e emprendemento a formación profesional e empresas, que comezaron o pasado mes de novembro e que se prolongan até o vindeiro venres, día 21 de febreiro. Estes son: CIFP Ferrolterra, CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, IES Concepción Arenal, IES Leixa, IES Ricardo Carballo Calero, IES Saturnino Montojo, ESCO Náutico-Pesqueira e EPA de Caranza. Os contidos que abordan o alumnado son o manexo de procesadores de texto, formatos dixitais de documentos, internet, navegadores, correo electrónico, redes sociais, buscadores específicos de emprego, ferramentas para conseguir emprego (currículo, entrevista…)
Rey Varela explicou que o programa Ferrol en activo está dirixido a 65 ciclos formativos da cidade e que “pretende mellorar a empregabilidade unha vez rematada a formación no centro educativo”. Así mesmo, o rexedor municipal sinalou o aumento de matriculacións que experimentou nos últimos anos o CIFR Rodolfo Ucha. Neste senso, o alcalde ferrolán encomiou a implicación das Concellerías de Educación e Xuventude “por implementar a formación que se imparte no centro xunto con actividades moi prácticas para preparar a inserción laboral dos mozos e mozas cando finalizan os ciclos formativos”.











