Resultados dos partidos das categorías do Santiago Futsal durante a fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O equipo filial venceu 3-2 ao pechacancelas da táboa, o Vilalba FS, tras unha moi boa primeira parte dos santiagueses, que tiveron o dominio absoluto do balón. O primeiro gol dos locais chegou mediada a primeira parte obra de Fran e o xuvenil Iago fixo o segundo a falta de 3 minutos para o final. Puido aumentar a súa renda antes do descanso tras perdoar numerosas ocasións, do mesmo xeito que nos primeiros minutos da segunda parte, aínda que con menos profundidade.

Aos poucos, o Vilalba foi dominando máis, logrando recortar distancias a falta de 7 minutos para o final. A 47 segundos fixeron o empate, polo que o filial decidiu saír con porteiro-xogador, marcando Pablo Tallón no primeiro ataque nunha pegada exterior o 3-2 definitivo.

Pola súa banda, os equipos femininos do Santiago Futsal perderon nos seus respectivos encontros. O Santiago Futsal A Gaiola A perdeu 1-4 ante Don Froitos nun partido condicionado pola falta de acerto de face ao gol, a pesar de gozar de maior posesión e máis ocasións. O Santiago Futsal A Gaiola B perdeu 6-1 ante Vedra FSF nun partido no que tamén se pagou cara a falta de acerto de face ao gol, a pesar de manter unha boa intensidade durante o partido, ante un rival que tivo o dominio do balón.

¼ Copa Xunta

SD Pazos 2-7 Santiago Futsal

3ª División (16ª Xornada)

Santiago Futsal B 3-2 Vilalba FS

Liga Xuvenil Autonómica (15ª Xornada)

Santiago Futsal Juv Aut vs Cidade de Narón

APRAZADO

Liga Cadete Autonómica (13ª Xornada)

Santiago Futsal Cadete Aut vs Cidade de Narón

APRAZADO

Liga Infantil Autonómica (13ª Xornada)

Santiago Futsal Infantil Aut vs Cidade de Narón

APRAZADO

Liga Cadete Local

Santiago Futsal IES Fontiñas Cadete B 1-3 Noia FS

 

 

 

 

 

Liga Infantil Local

Santiago Futsal IES Fontiñas Infantil B 0-2 Bodegón Arzúa

 

Liga Alevín

Santiago Futsal IES Fontiñas Alevín A 0-4 SD Cacheiras

 

Santiago Futsal IES Fontiñas Alevín B 0-7 SD Milladoiro B

 

Liga Benjamín

Santiago Futsal IES Fontiñas Benjamín A 9-1 La Salle A

 

Liga Prebenjamín

Santiago Futsal IES Fontiñas Prebenjamín 2º 2-9 Amio SD

 

Liga Feminina A Gaiola

Santiago Futsal A Gaiola A 1-4 Don Froitos FSF

 

Santiago Futsal A Gaiola B 1-6 Vedra FSF

10 de febreiro de 2014 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.