Resultados das categorías inferiores do Azkar Lugo e vindeira xornada
O Azkar Lugo cadete continúa conservando o segundo posto da liga autonómica. Os lucenses ademais están a un punto do Verín que é líder e con dous partidos menos disputados que os ourensáns. O pasado fin de semana os pronistas desfixéronse do Pena Españolista Sarria (0-5). Os de Félix Julio sentenciaron no segundo periodo tras unha primeira parte na que dominaron pero na que os goles non chegaron. Nese segundo acto os azuis subiron o ritmo de partido e en tres minutos e cun hat-trick de Daniel Xesús sentenciaban o choque.
Ficha técnica:
Peña Españolista de Sarria 0: Francisco, Felipe, Lucas, Kevin e Antonio, -cinco inicial-, Iago, Andrés, Iago e Adrián. Azkar Lugo 5: Esmorís, Cley, Roi, Marcio e Pablo, -cinco inicial-, David, Marcos, Adri, Brais, Daniel Xesús, Dani Pérez e Carlos.
Árbitro: Silvarrey Vilar (Lugo).
Incidencias: 18ª xornada da liga autonómica cadete. Pavillón O Chanto.
Goles: 0-1 min. 30 Daniel Xesús, 0-2 min. 31 Daniel Xesús, 0-3 min. 32 Daniel Xesús, 0-4 min. 33 Adri e 0-5 min. 44 Daniel Xesús.
O Azkar Lugo cadete xoga hoxe mércores ante o Concello de Guitiriz Autos Muiños a partir das 18:00 horas en Casa do Deporte.
O infantil tamén golea en Sarria
O Azkar Lugo infantil A derrotou con contundencia ao Peña Españolista Sarria o pasado fin de semana (2-8) o que lle permite estar no pódium de cabeza da liga autonómica. Os capitalinos exerceron un dominio absoluto desde o inicio o que lle levou a mandar claramente no marcador. Os sarrianos xogaron moi pronto con porteiro-xogador, pero isto non desestabilizou aos azuis que seguiron aumentando a súa vantaxe ata antes do descanso co 1-4. No segundo periodo os lucenses non deron concesións e dous goles no inicio do segundo acto sentenciaban o choque.
Ficha técnica:
Pena Españolista de Sarria 2: Alejandro, Iago, Adrián, Miqueias e Iván, -cinco inicial-, Jorge, Flores e Folgueiras.
Azkar Lugo 5: David, Jacobo, Borja, Pablo e Luís, -cinco inicial-, Óscar, Noé, Pumi, Mera e Álex.
Árbitro: Silvarrey Vilar (Lugo).
Incidencias: 18ª xornada da liga autonómica infantil. Pavillón O Chanto.
Goles: 0-1 min. 3 Luís, 0-2 min. 4 Pablo, 0-3 min. 9 Noé, 0-4 min. 17 Noé, 1-4 min. 22 Iván, 1-5 min. 28 Jacobo, 1-6 min. 29 Luís, 1-7 min. 39 Pablo, 1-8 min. 41 Luís e 2-8 min. 47 Miqueias.
O Azkar Lugo infantil descansa este fin de semana.
Resto de resultados
Azkar Prone prebenxamín 4 – Rosalía 2006 4
Azkar Fundación prebenxamín 3 – Cervantes 2007 0
Luís Pimentel 0 – Azkar Prone benxamín 5
Franciscanos 2 – Azkar Fundación benxamín 6
Azkar Prone alevín 5 – Franciscanos 2
Azkar Fundación alevín – Lumieira Lugo (aprazado)
Azkar Lugo infantil B 3 – Cidade de Lugo 4
Próxima xornada
Sábado 08/02:
Polideportivo O Palomar:
09:00 horas: Azkar Fundación alevín – Franciscanos 17:00 horas: Lumieira Atlético – Azkar Lugo cadete B
Centro Deportivo Terra:
09:50 horas: Azkar Fundación prebenxamín – Maristas 2007
12:20 horas: Azkar Prone prebenxamín – Peña Españolista Sarria
Polideportivo A Piringalla:
11:30 horas: Azkar Prone benxamín – Maristas 2005
Domingo 09/02:
Casa do Deporte: 16:00 horas: Azkar Lugo infantil B – Lumieira Deportivo
Centro Deportivo Terra:
16:50 horas: Azkar Fundación benxamín – María Auxiliadora
18.45 horas: Azkar Prone alevín – Casás











