Resultados das categorías inferiores do Azkar Lugo e próxima xornada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

O Azkar Lugo cadete impúxose o pasado domingo a domicilio ao Leis Pontevedra (1-6) e así continúa liderando a clasificación da liga autonómica. Os lucenses impuxeron o seu xogo desde o inicio do choque e iso levoulles a mandar moi pronto, chegando a mandar ao descanso por un claro 1-5. Nos segundos 25 minutos, o Leis subía a súa presión e isto dificultou o xogo dos lucenses que aínda así souberon administrar a vantaxe para non pasar perigo. O 1-6 definitivo chegaría a escasos segundos do final do choque.

Ficha técnica:
Leis Pontevedra 1: Daniel, Gerardo, Borja, Álvaro e Nahuel, -cinco inicial-, Daniel, Rodrigo, Adrián, Alejandro e David.
Azkar Lugo 6: Esmorís, Cley, Jesús, Daniel Xesús e Adri, -cinco inicial-, Pablo, Roi, Marcos, Marcio, Dani Pérez, Pedro e Carlos.
Árbitro: Sobral Moreno (Pontevedra).
Incidencias: 20ª xornada da liga autonómica cadete. Polideportivo A Xunqueira.  Goles: 0-1 min. 8 Daniel Xesús, 0-2 min. 9 Pablo, 0-3 min. 10 Marcio, 1-3 min. 11 Álvaro, 1-4 min. 13 Dani Pérez, 1-5 min. 21 Jesús e 1-6 min. 50 Daniel Xesús.

O Azkar Lugo cadete xoga hoxe mércores a partir das 20:00 horas no Centro Deportivo Terra ante o CP Casás.

Empate in extremis do infantil
O Azkar Lugo infantil e O Parrulo selaron táboas no partido aprazado da 14ª xornada nun partido igualado e que comezaron gañando os ferrolanos no primeiro acto nun choque no que aos lucenses custáballes atacar a defensa suscitada polos visitantes. No segundo periodo o Azkar mellorou en intensidade e iso permitiulle empatar e logo levar máis perigo sobre a meta visitante, aínda que de novo os ferrolanos adiantaríanse co 1-2 de penalti. O Azkar entón apostou polo porteiro-xogador durante os últimos cinco minutos de partido e case soando a bocina no último segundo do choque conseguía o gol de empate (2-2).

Ficha técnica:
Azkar Lugo 2: Vila, Brais, Noel, Jacobo e Bruno, -cinco inicial-, Borja, Luís, Pablo e Noé.
O Parrulo Ferrol 2: Alejandro, Marcos, Raúl, Álex e Manuel, -cinco inicial-, Iñaki e Miguel.
Árbitro: Manuel Saa (Lugo).
Incidencias: partido aprazado da 14ª xornada da liga autonómica infantil. Centro Deportivo Terra.  Goles: 0-1 min. 5 Marcos, 1-1 min. 35 Borja, 1-2 min. 42 Miguel (penalti) e 2-2 min. 50 Bruno.O Azkar Lugo infantil xoga este sábado a partir das 17:30 horas no Centro Deportivo Terra ante o Mare Nostrum.

Comeza a Copa da liga nacional xuvenil
Este fin de semana arrinca a Copa da liga nacional xuvenil. A mesma quedou conformada por dous grupos: Burela Pescados Rubén, Vilalba FS e Azkar Lugo (grupo norte) e Noia FS, ADFS Bueu e Santiago Futsal (grupo sur).

O formato da Copa será o de todos contra todos en grupos con dobre volta. Os dous primeiros clasificados xogarán semifinais combinándose ambos grupos e os gañadores das semifinais enfrontaranse na final.

A primeira xornada para o Azkar Lugo chega este domingo cando a partir das 12:30 horas enfrontarase no Pavillón de Vista Alegre ao Burela FS.

Resto de resultados
Azkar Fundación prebenxamín 2 – CD Lugo 2007 3
Azkar Prone prebenxamín 12 – Sagrado Corazón 1
Azkar Prone benxamín 4 – Rosalía 4
Azkar Fundación benxamín 2 – C. Milagrosa 0
 Azkar Fundación alevín 3 – Casás 1
Azkar Prone alevín 5 – Triscos 1
Azkar Lugo infantil B 6 – Adarve 1

Próxima xornada

Sábado 22/02:

Centro Deportivo Terra:
09:50 horas: Azkar Fundación prebenxamín – Salesianos
10:40 horas: Azkar Prone prebenxamín – Cervantes

Polideportivo O Palomar:
18:00 horas: Azkar Lugo cadete B – Cidade de Lugo

Domingo 23/02:

Casa do Deporte:
16:00 horas: Azkar Lugo infantil B – Divina Pastora

Martes 25/02:

Polideportivo O Palomar:
19:00 horas: Azkar Fundación benxamín – Maristas

Mércores 26/02:

Centro Deportivo Terra:
18:15 horas: Azkar Fundación alevín – Azkar Prone alevín

19 de febreiro de 2014 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.