Resultados das categorías inferiores do Azkar Lugo e próxima xornada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

O Azkar Lugo cadete fíxose co liderato da liga autonómica na xornada deste pasado fin de semana tras derrotar ao Concello de Guitiriz (5-2). Tras unha primeira metade de pouca intensidade e na que os lucenses non lle conseguían dar ritmo ao xogo, no segundo periodo os azuis xa o inicio do acto poñían o marcador moi ao seu favor cunha renda de tres goles. Pero de novo un baixón de intensidade dos pronistas aproveitouno o Guitiriz para poñer a mínima vantaxe dun gol, 3-2 a falta de 13 minutos para a conclusión. Aos de Félix Julio tocoulles defender o porteiro-xogador visitante e un gol de Cley daba seguridade e o propio xogador dos capitalinos poñía a sentenza no último minuto co definitivo 5-2.

Ficha técnica:
Azkar Lugo 5: Esmorís, Pablo, Roi, Daniel Xesús e David, -cinco inicial-, Marcos, Adri, Jesús, Cley, Dani Pérez e Marcio.
Concello de Guitiriz 2: Cristian, Campello, Manuel, Iván e Anxo, -cinco inicial-, Adrián, Alberto e David.
Árbitro: Saa López (Lugo).
Incidencias: 19ª xornada da liga autonómica cadete. Casa do Deporte.
Goles: 1-0 min. 21 Pablo, 2-0 min. 25 Roi, 3-0 min. 26 Cley, 3-1 min. 32 Manuel, 3-2 min. 37 Manuel, 4-2 min. 42 Cley e 5-2 min. 49 Cley.

O Azkar Lugo cadete xoga este domingo ante o Leis Pontevedra a partir das 12:00 horas no Polideportivo A Xunqueira.

Resto de resultados
Azkar Fundación prebenxamín 6 – Maristas 2007 1
Azkar Prone prebenxamín 7 – Pena Españolista Sarria 0
Azkar Prone benxamín 0 – Maristas 2005 0
Azkar Fundación benxamín 6 – María Auxiliadora 4
Azkar Fundación alevín 7 – Franciscanos 2
Azkar Prone alevín 5 – Casás 1
Azkar Lugo infantil B 4 – Lumieira Deportivo 1
Lumieira Atlético 3 – Azkar Lugo cadete B 8

Próxima xornada

Sábado 15/02:

Polideportivo O Palomar:
09:00 horas: Azkar Prone alevín – Triscos

Centro Deportivo Terra:
11:30 horas: Azkar Prone preben–amín – Sagrado Corazón
12:20 horas: Azkar Fundación prebenxamín – CD Lugo

Polideportivo A Piringalla:
11:30 horas: Azkar Fundación alevín – Casás
12:20 horas: Azkar Prone benxamín – Rosalía

Domingo 16/02:

Casa do Deporte:
17:00 horas: Azkar Lugo infantil B – Adarve

Centro Deportivo Terra:
19:00 horas: Azkar Fundación benxamín – C. Milagrosa

13 de febreiro de 2014 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.