Responsables da europea Bluefish visitan o Porto de Vigo

Visita dos responsables de Bluefish ao porto de Vigo
O Presidente da Asociación europea Bluefish, Olivier Lle Nézet, e o Secretario Xeral de devandito organismo, Nicolas Tesseire, visitaron hoxe o Porto de Vigo, onde mantiveron unha reunión co máximo responsable portuario, Ignacio López-Chaves,así como polo Presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI), Javier Touza, e de Conxemar,José Luís Freire.
Bluefish é unha Asociación na que conflúen científicos, universidades, Concellos, ONGs e os sectores pesqueiros dos principais portos da UE.
Durante o encontro mantido esta mañá, o Presidente de Bluefish, Olivier Lle Nézet, manifestou a importancia de ter no seo desta institución á Autoridade Portuaria de Vigo, a Conxemar e á Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo, entre outras institucións galegas.
Bluefish constituíuse en Francia en maio de 2013 e xa conta co apoio de sector público e privado de Francia, España, Portugal, Reino Unido, Irlanda, Dinamarca e Holanda.
O seu obxectivo é apoiar unha pesca sustentable, tanto desde o punto de vista ecolóxico como social e económico en Europa, que manteña viva ás comunidades costeiras altamente dependentes da pesca. Por iso, a unión das cidades e portos da UE en Bluefish constitúe a mellor garantía para o logro deste obxectivo.











