Regata XXXVIII Trofeo Almirante Arsenal de Ferrol
XXXVIII Trofeo Almirante Arsenal
1.-Escenario
O XXXVIII Trofeo Almirante Arsenal, celebrarase en augas da ría de Ferrol os días 8 e 9 de Marzo , organizado pola Comisión Naval de Regatas de Ferrol e pola Secretaría Territorial da Clase Snipe, contando coa colaboración da Federación Galega de Vela.
2.-Regras
A regata rexerase por:
a) O regulamento de Regatas a Vela da ISAF.
b) As Prescricións da Real Federación Española de Vela.
c) As Regras da Clase Snipe.
d) As instrucións de Regata.
e) O Anuncio de Regata
3.-Publicidade
Poderase mostrar publicidade de acordo coa Reglamentacion 20(apéndice 1) de ISAF.
4.-Clases e participación
4.1.- O XXXVIII Trofeo Almirante Arsenal está reservado exclusivamente a barcos da clase Snipe.
4.2.- Poderán participar aqueles regatistas que cumpran coa Reglamentacion19(Apendice 3) de ISAF e estean inscritos e rexistrados conforme a este anuncio de regatas.
5.-Inscricións
5.1.- Remitiranse antes do día 8 de Marzo a:
Comisión Naval de Regatas
Estación Naval da Graña
A Graña (A Coruña)
Tel (+34) 981 33 60 00 ext. 7622
Correo electronico : xacarandaina@gmail.com
5.2 A inscrición será gratuíta e obrigatoria.
6.-Rexistro de participantes
Antes das 13:00 horas do día 8 de Marzo cada patrón deberá rexistrarse persoalmente na Oficina de Regata e presentar a seguinte documentación:
a) Licenza da Federación de Vela correspondente.
b) Cartóns de Clase do patrón e do barco en curso.
7.-Formato de competición
A Regata navegarase en Flota.
8.-Programa
Sábado 8 10:00 a 13:00 Rexistro de participantes.
14:30 horasAtención á 1ª proba do día.
A continuación Probas
Domingo 9 11:30 horasAtención á 1ª proba do día.
A continuación Probas
Tras a regata Comida, e a continuación entrega de trofeos.
9.-Puntuación
Aplicarase o sistema de Puntuación Baixa do Apéndice A de o RRV.
10.- Premios
Como minimo ao tres primeiros da xeral
En caso de haber mais de tres participantes :
Primeiro clasificado Xuvenil
Primeiro clasificado Feminino
Primeiro clasificado Aprendiz de Master
Primeiro clasificado Master
Primeiro clasificado Grand Master
11.- Responsabilidade
Todos os participantes fano baixo o seu propio risco e responsabilidade. A Comisión Naval de Regatas e calquera outra persoa ou organismo involucrado na organización do evento rexeita responsabilidade algunha por perdas, danos, lesións ou molestias que puidesen acaecer a persoas ou cousas, tanto en terra como no mar, como consecuencia da participación nas probas programadas por este Anuncio de Regatas.
Chámase a atención sobre a Regra 4 do RRV que di: “É da exclusiva responsabilidade dun barco decidir si participa nunha proba ou continúa en regata”.











