publicidade hoxe

Protección Civil rastrexa as praias na procura do mozo arrastrado por unha onda en Foz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFozLocal Portada
A-
A+
E.P.

Efectivos de Protección Civil de Foz (Lugo) rastrexan este mércores praias da zona para buscar ao mozo de 15 anos desaparecido o domingo tras ser arrastrado por unha onda cando paseaba en bicicleta polo paseo do Faro da Rapadoira, mentres que Salvamento Marítimo avaliará nas próximas horas a posibilidade de mobilizar medios se melloran as condicións meteorolóxicas adversas.

Así o indicaron fontes de Salvamento Marítimo e o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, quen comentou que o temporal na zona mantén suspendida a mobilización de medios aéreos e marítimos.

Segundo manifestou o rexedor, este mércores hai “moi mal tempo” na zona e, salvo puntualmente por terra, “están paralizadas os labores de busca”. Non obstante, indicou que está “algunha persoa” de Protección Civil pola costa.

Ademais, o alcalde da localidade indicou que persoal municipal está a traballar en “labores de desentullo” no instituto da zona pola caída da cuberta a causa do mal tempo.

A desaparición do menor produciuse pouco antes das 18.30 horas do domingo, xornada na que estaba activada a alerta laranxa na costa galega, por un golpe de mar, e foi un amigo do desaparecido que paseaba con el quen deu o aviso aos servizos de emerxencias.

5 de febreiro de 2014 | 10:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.