Protección Civil de Ferrol organiza un curso básico para os voluntarios de nova incorporación
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Ferrol, organiza esta fin de semana un curso básico de Protección Civil para os voluntarios de nova incorporación. O concelleiro de Seguridade, Pablo Cal Martínez, será o encargado da apertura desta formación que comezará os días 22 e 23 de febreiro, e continuará o vindeiro sábado 1 de marzo, e será impartida no Centro Cívico e Cultural Carvalho Calero.
O curso, homologado pola AGASP (Academia Galega de Seguridade Pública), é imprescindible para pertencer a calquera Agrupación de Protección Civil e constitúe a porta de entrada para poder realizar outros cursos programados pola AGASP. Esta formación básica para novos voluntarios contará coa participación da agrupación de Ferrol e outras de toda a comarca, como as de Valdoviño, Neda, Cedeira, As Pontes e Pontedeume.
Este curso básico de Protección Civil estará dividido en seis módulos diferentes: Protección Civil (lexislación básica, organización e planificación); os riscos e os accidentes (autoprotección); tres módulos teórico.-prácticos (incendios, comunicacións e primeiros auxilios); e igualdade.











