Protección Civil de Ferrol finaliza o curso básico para os voluntarios de nova incorporación
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Ferrol, continúa este sábado, día 1 de marzo, o curso básico de Protección Civil para os voluntarios de nova incorporación. Esta formación se imparte, entre as 10 e 13 horas e 16 e 19 horas, no Centro Cívico e Cultural Carvalho Calero. Así, durante a xornada do sábado 1, os voluntarios de Protección Civil recibirán teoría e práctica sobre incendios.
O curso, homologado pola AGASP (Academia Galega de Seguridade Pública), é imprescindible para pertencer a calquera Agrupación de Protección Civil e constitúe a porta de entrada para poder realizar outros cursos programados pola AGASP. Esta formación básica para novos voluntarios conta coa participación da agrupación de Ferrol e outras de toda a comarca, como as de Valdoviño, Neda, Cedeira, As Pontes e Pontedeume. Este curso básico de Protección Civil estivo dividido en seis módulos diferentes: Protección Civil (lexislación básica, organización e planificación); os riscos e os accidentes (autoprotección); tres módulos teórico.-prácticos (incendios, comunicacións e primeiros auxilios); e igualdade.











