Programación do Entroido da Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

Non podes perder a oportunidade de participar no Entroido da Guarda do 2014.  Este ano contamos con moitas novidades coas que disfrutarás duns días moi especiais na nosa vila.

O pistoletazo de saída correrá a cargo dos máis pequenos co tradicional “DESFILE INFANTIL DE DISFRACES”. Será o venres 28 de marzo, con saída da alameda da Guarda ás 12.00h.

Nestas datas non podemos esquecernos do mundo audiovisual, sempre tran próximo a todos os rapaces e rapazas, polo que a través da proxección ROMPE RALPH  o sábado ás 17.30 h no centro cultural faremos un percorrido polo mundo da fantasía. O día anterior proxectarase O APÓSTOLO ás 20.30h, unha película de animación galega, non recomendada para menores de 7 anos, sendo apta para toda a familia.

Mudando a nosa ropa habitual por máscaras, traxes de superhéroes, monstruos… teremos a oportunidade de danzar ó son orquestas Aramio, Intervalo Show e Quinta Avenida.

Nesta edición cabe destacar a creación dun obradorio de maquillaxe, onde os máis cativos poderán decorar a súa pel con motivos moi carnavalescos.

E para rematar, o tan esperado “GRAN DESFILE CONCURSO DE ENTROIDO”, para o que inda quedan prazas libres, e que sairá o martes 4 de marzo da esquina famosa da Rúa Galicia, na Alameda, ás 17.30 h.

PROGRAMACIÓN DE ENTROIDO 2014

Organiza: Concello da Guarda

Venres 28 de FEBREIRO. –

DESFILE INFANTIL,

Saída da Alameda ás 12h.

Percorrido: ALAMEDA-Rúa de Galicia- O GALO.

Organizan: Centros Escolares da Guarda

En caso de choiva o desfile aprazaríase ó venres 7 de marzo

20,30h./21h. CINEMA “O APÓSTOLO”

Cinema Galego de Animación. Non recomendada a menores de 7 anos.

Sábado 1 ás 17,30h.

CINEMA INFANTIL “ROMPE RALPH”

Domingo 2 ás 18,00h.

VERBENA NA ALAMEDA COA ORQUESTRA: ARAMIO

E OBRADOIRO DE MAQUILLAXE

LUNS 3  ás 18,00h.

VERBENA NA ALAMEDA COA ORQUESTRA INTERVALO SHOW

MARTES 4  ás 17,30h.

DESFILE CONCURSO DE ENTROIDO

En caso de choiva o desfile aprazaríase ó domingp 9 de marzo

A CONTINUACIÓN  GRAN VERBENA NA ALAMEDA COA ORQUESTRA QUINTA AVENIDA

20 de febreiro de 2014 | 13:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.