publicidade hoxe

Programación de Entroido na Baña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+

Durante os días 3, 4 e 5 de marzo, coincidindo coas VACACIÓNS DE ENTROIDO, realizaremos no concello actividades de entretemento e conciliación para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

CONCILIA NO ENTROIDO pretende facilitarlle ás familias un espazo atendido por profesionais onde os/as menores realizarán diversas actividades de entretemento, aprendizaxe, deporte e diversión. 

Horario:

8.30-10.00 h madrugando

10.00-14.00 h actividades e xogos

14.00-15.00 h recollida e peche

 Lugar: pavillón de San Vicenzo

Inscrición:  Concellería de Cultura  981 886 501 / 607 577 419

Actividade gratuíta

Nesa mesma semana, o venres 7 de marzo celebraremos a I FOLIADA DE PANDERETEIRAS NA BAÑA . Encontro entre grupos de pandereteiras que comparten unha afición común pola música tradicional.  

LUGAR: PRAZA DO CONCELLO DA BAÑA (se chove, CENTRO SOCIAL E DA TERCEIRA IDADE)

DESTINATARIOS/AS: ABERTO A TODOS OS PÚBLICOS

HORARIO: A PARTIR DAS 21:00h

ACTUARÁN:

– GRUPO DE PANDERETEIRAS DA BAÑA (A BAÑA)

– DEDALEIRAS DA ASOCIACIÓN CULTURAL SAN CAMPIO (SAN MIGUEL DE SARANDÓN, VEDRA)

– ASOCIACIÓN FOLKLÓRICA COTO DA NAI (ARÍNS, SANTIAGO)

Continuando coa fin de semana, o sábado 8 de marzo, gozaremos do ENTROIDO 2014  con premios ás mellores comprasas e  disfraces individuais ou parellas.

Horario:

17.00 h desfile por diante da Casa do Concello.

A partir das 18:00h aprox. entregaranse os premios no pavillón polideportivo, onde teremos unha GRAN FESTA DJ con música, animación e sorpresas.

Inscrición e prazo: 

Concellería de Cultura  981 886 501 / 607 577 419

Ata as 16:00h do sábado 8 de marzo de 2014.

Pódense consultar as bases na páxina www.concellodabana.es

Xa para o domingo 16 de marzo poderemos gozar das filloas da pedra na XI Feira Exposición da FILLOA DA PEDRA DA BAÑA.

 Programa:

10:00h . Apertura da Feira

12:00h. Actuación da Asociación Cultural e Musical OS CAMPANTES (A Baña)

13:00h. Pregón a cargo de D. Jesús Sordo García, presidente da sección de restauración da Asociación de Hostalería Compostela.

15:30h. Exhibición de cetrería a cargo de SPARTANA

16:30h. Actuación do grupo de gaitas PENA DO CORVO (Boqueixón)

18:00h. Actuación musical do TRÍO ALBORADA

Contaremos con diversos talleres relacionados coa filloa.

Haberá instalada unha AULA MÓBIL DE RECICLAXE.

Durante todo o día teremos SERVIZO DE LUDOTECA CON TALLERES INFANTÍS.

E por suposto, poderemos gozar da gastronomía galega, artesanía, cultura, ocio e diversión.

22 de febreiro de 2014 | 23:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.