publicidade hoxe

Programación de Entroido en Muxía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxía
A-
A+

entroido-muxia

O Concello de Muxía ten preparado unha completa programación de Entroido do 1 de marzo ao 9 de marzo.

O sábado 1 de marzo comezarán os festexos coa Ruta dos Pinchos de Entroido nos bares participantes. Ás 18.00 h. iníciase a Gran festa de Entroido na carpa instalada ao aire libre na zona do Malecón. Alí haberá inchables e globoflexia para nenos, xogos tradicionais para nenos e adultos, degustación de filloas e orellas, concurso de disfraces para nenos e nenas e a partir das 22.00 h. comezará o baile co grupo Alaska. No intermedio da actuación celebrarase o concurso de disfraces de adultos e comparsas co sorteo dun baúl artesanal con lote de embutidos e dous reloxos.

O domingo 2 de marzo continúa a ruta dos pinchos de Entroido.

O martes 4 de marzo terá lugar o obradoiro de doces e pratos típicos do Entroido no baixo do edificio de Servizos Múltiples, aínda que para participar é preciso inscribirse previamente no Concello.

O sábado 8 de marzo continúa a ruta dos pinchos que compartirá protagonismo co Enterro do Percebe, ás 19.00 h. cunha concentración ante o Edificio de Servizos Múltiples e co percorrido do cortexo fúnebre pola vila. A queima do percebe na rambleta e unha gran chocolatada con Xaramiños do Corpiño finalizarán a xornada.

O domingo 9 de marzo o protagonismo será, de novo, da ruta dos pinchos de Entroido.

13 de febreiro de 2014 | 12:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.