Programa de Entroido en Cerdido
O concello de Cerdido ten programada unha festa de entroido para o sábado 1 de marzo de 2014. A organización da festa conta coa colaboración da Deputación da Coruña e haberá música e inchables a partir das 4 da tarde no pavillón polideportivo. Con esta actividade colaboran dúas asociacións municipais: a asociación de mulleres rurais “Albar Quercus” e a asociación cultural “Airiños dos Carrís”. Correrá a cargo destas asociacións a merenda que se servirá de xeito gratuíto a tódolos que acudan disfrazados e consitirá en chocolate con churros.