Programa de Entroido 2014 en Cangas
A Concellería de Cultura presentou este sábado o programa de actividades para o Entroido de Cangas 2014. No acto o concelleiro de Cultura José Luís Gestido sinalou que este programa “ten como obxectivo potenciar esta festividade no casco urbano así como complementar os actos festivos que se levan a cabo en outras parroquias como Hío ou Aldán” afirmou. Gestido destacou que nesta edición vólvese a apostar pola instalación dunha carpa na explanada das Naves de Ojea como epicentro das actividades festivas “e que obtivo un notable éxito na pasada edición marcando un antes e un despois” recalcou o edil. Tamén agradeceu a colaboración e traballo das asociación de comerciantes de Fecimo, Cangas Vella e Zona A así como as agrupacións de comparsas que participaron nas diferentes reunións facendo achegas, “traballo que vese reflectido no programa de actividades e que servirá de base para a organización desta e de próximas edicións” declarou o responsable de Cultura.
O programa comeza o venres 28 de febreiro con varios espectáculos de microrelato ao longo da tarde en varios puntos da vila organizados pola asociación de comerciantes Cangas Vella. Ás 20.30 procederase a apertura da carpa marcando o inicio do Entroido seguida dunha pinchada ás 22.00 horas ofrecida pola asociación “Os valentes camiñan sos”. O sábado 31 celebrarase o desfile do Momiño fronte a Casa do Concello que terá ao máis pequenos como protagonistas e no que participarán os centros escolares do municipio. Dende a concellería recordan de que aqueles colectivos que queiran participar deben inscribirse na Casa da Xuventude aínda que aqueles rapaces que participar de xeito individual poderán facelo sen necesidade de inscribirse previamente.
Ás 18.00 horas haberá unha actuación infantil a cargo dos canta xogos “As Maimiñas” para proceder a lectura do pregón pechando a xornada a actuación o Baile do Entroido coas actuacións da orquestra d´Diseño e do dj Jota.
O domingo haberá un concurso de postres típicos de Entroido, varias representacións de microrelato en varios puntos da vila organizados pola asociación de comerciantes Cangas Vella, rematando a xornada co festival de comparsas e murgas na carpa de Ojea ás 22.00 horas, coas actuación das agrupacións ‘O Percal’, ‘Os de Sempre’ e ‘Os da Curia’.
O luns comezarán os obradoiros e xogos para nenos na Casa da Xuventude ao longo de toda a mañá e que continuarán ata o mércores. Aqueles nenos e nenas que queiran participar deberán inscribirse previamente nas dependencias de Xuventude. A xornada pecharase coas actuación das comparsas ‘As Meigas’, ‘Marcha Loca’, ‘Máis ou Menos’ e cun baile de Entroido ás 22.30 horas no recinto da carpa.
O martes terá lugar unha nova xornada do festival de comparsas e murgas pola tarde coas actuación de ‘Os da Curia’, ‘Comparsas invitadas’. Ás 21.00 horas celebrarase o concurso de disfraces celebrándose ás 23.00 as actuacións dos dj Jota e o dj Beni . O mércores pecharase o programa festivo co enterro do Momo ás 20.00 horas que sairá da gasolineira e rematará no Concello onde realizarase un xuízo ao Momo previo a tradicional queima que este ano terá lugar nunha batea no porto de Cangas para facelo máis vistoso. Posteriormente procederase a entrega de premios do Entroido no recinto da Carpa de Ojea, poñendo o punto e final ao Entroido 2014.











