Probas do Trofeo de Regularidade Efectos Navales Sande Vidal da clase Snipe

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ▼
A-
A+

O sabado celebráronse as 6ª e 7ª probas cun bo vento de entre 14 e 8 nós e mesmo con algo de sol . Á cita non puido acudir o Lider até este momento Martin Bermudez ao allarse combaleciente dunha recente operación, co cal propicio o cambio de liderado,sobre todo porque o segundo clasificado até ese momento, Fernando Tajuelo fixo dous primeiros na xornada.

O vento durante a primeira proba mantívose do SW ycon unha intensidade de 12-14 nós e desde o inicio tomo a dianteira o Lieiro de Tajuelo e Iria lopez posición que mantivo até o final,mentres que por detrás o Sapoconcho de Rilo e Elena Fernandez mantivo baixo control ao Xacarandaina de Diego Lopez e Sara Fernandez entrando por esa orde e xa mais distanciados o Tifon de Monato e Canles que fixo unha boa regata e o Kalmachicha de Porcel e Amado.

Na segunda proba do dia o vento afrouxa un pouco 10-9 nós e na saída toma vantaxe o Xacarandaina , montando abóiaa de barlovento na cabeza seguido do Sapoconcho e algo mais atrás o Lieiro.No primeiro longo o Lieiro pasa ao Sapoconcho e facer encima do Xacarandaina e na trasluchada de abóiaa 2 aproveita para adiantar por barlovento a leste, colocándose na cabeza, posto que xa non abandona até o final

Por detrás Xacrandaina e Sapoconcho viran xuntos abóiaa de sotavento e xa até o final da proba pelexan por facerse co segundo posto cousa que finalmente consegue o Xacarandaina.Por detrás o Kalmachicha pode esta vez con Tifon facendo 4º e 5º.

Con estes resultados e xa cun descarte a clasificación é a seguinte.-

1º.- Lieiro  Fernado Tajuelo-Iria Lopez 12 ptos

2º.- Xacarandaina Diego Lopez-Sara Fernandez  17

3º.- Sapoconcho  Jose Rilo-Elena Fernandez 18

4º.-

Kalmachicha Jaime Porcel-Alvaro Varela 22

Ceibe Martin Bermudez-Aurora Rodriguez 22

A próxima proba será en 15 dias e é xa una das clásicas do calendario Galego o Tº Almirante do Arsenal na que se espera unha participación por encima dos 20 barcos

23 de febreiro de 2014 | 19:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.