Preto de 40 alumnos do CPI Xulia Becerra coñecen o funcionamento do Concello de Ribadumia
37 alumnos de terceiro de primaria do CPI Xulia Becerra Malvar visitan mañá o Concello de Ribadumia como complemento aos contidos estudados na aula no referido á coñecemento do medio e máis concretamente no que afecta o Municipio.
Para non interferir en exceso a dinámica de traballo das distintas dependencias da casa consistorial a visita, que terá un duración aproximada de 1 hora, comezará ás 09.30 horas co recibimento e presentación por parte da Alcaldesa, Salomé Peña.
Neste acto explicarase brevemente o funcionamento municipal e os distintos departamentos. A continuación realizarase unha, visita guiada polas dependencias da Casa Consistorial cunha breve explicación do persoal de cada un dos departamentos visitados.
Por último realizarán unha Audiencia coa Alcaldesa sobre un tema relacionado co municipio ou con algún dos servizos públicos que eles utilizan.
Dende a entidade local esperan que esta sexa unha experiencia enriquecedora para os alumnos que participen e poñéndose a disposición dos mestres como un recurso formativo máis e co obxectivo de facilitar a súa tarefa docente.











