Presentación da nova xunta directiva do Cidade de Narón de Fútbol Sala

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

A nova directiva do clube Cidade de Narón de Fútbol Sala (Futsal) mantivo hoxe un encontro co Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, e os portavoces dos grupos políticos municipais (Guillermo Sánchez Fojo –TEGA-, Pablo Villamar –BNG-, Catalina García –PSOE- e María Rodríguez Porto –Converxencia Galega). O grupo do PP tamén estaba convidado aínda que non asistíu.

Esta xuntanza foi unha presentación pública dos novos membros do Cidade de Narón de Futsal, a maioría dos cales proceden xa da anterior xunta directiva. Asume a presidencia Ramón Padín, substituíndo no cargo a Miguel Rodríguez Aneiros, quen volta ó mundo da política. Forman parte da mesma un total de 7 membros dos cales cinco xa estaban na anterior e dous son novas incorporacións (*):

Presidente: Ramón Padín

Director deportivo: Tomás Llao

Secretario: Bernardo González (*)

Tesorero: José Luis López

Vocais: Mari Carmen Caballero, Avelino Cinza e Antonio Castro (*)

O presidente do Cidade de Narón de Futsal, Ramón Padín, agradeceu ó Concello de Narón a labor que ven realizando ó longo do tempo no fomento e no apoio do deporte. De feito, actualmente neste club hai moitos xogadores de Narón, e catro deles proceden das categorías de base.

A  nivel deportivo, o obxectivo do club “e chegar o máis alto que poidamos, pero sempre reforzando a base e tendo os pes  no chan” declarou o presidente. “Levamos sete temporadas en 2ª B e estamos estabilizados, imos de primeiros e agardamos xogar o Play Off e se pode ser, gañalo” engadiu Ramón Padín.

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asegurou que o Cidade de Narón de Fútbol Sala é un dos referentes do deporte en Narón e polo tanto “ides contar con nos dentro das nosas posibilidades, e queremos que sigades levando o nome de Narón polo mundo” indicou.

20 de febreiro de 2014 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.