Posta en marcha da terceira edición da campaña “Mercar na Cañiza ten premio”
A Cañiza pon en marcha una ano máis MERCAÑIZA, unha campaña de promoción do comercio local que dende o ano 2012 leva repartidos 9.000 euros en vales de compra que solo poden ser utilizados como moneda de cambio nos pequenos comercios da vila adheridos á campaña. Este ano a dotación amplíase a 6000 €uros porque acolle os catro trimestres do ano.
Baixo o lema Mercar na Cañiza ten Premio o Concello cumple co seu obxectivo de axudar ao pequeno comercio local afectado polas grandes superficies que ofrecen prezos sin posibilidade de competir.
A campaña que foi acollida tanto polos comerciantes como polos veciñ@s da vila cunha grande aceptación, consiste nun sorteo entre os clientes dos comercios do municipio de 15 vales de compra, de 100 €uros cada un para empregar nos establecementos adheridos. Desenvolverase dende o 1 de febreiro ata o 31 de xaneiro de 2015. Poderán adherirse á campaña tódolos establecementos comerciais do Concello de A Cañiza que así o soliciten expresamente.
Os comerciantes interesados deberán inscribirse nas oficinas municipais. No momento da súa adhesión entregaráselle inicialmente un talonario de 100 rifas. Estas rifas repartiranse entre os clientes por compras superiores a dez euros. A campaña está dotada cun total de 6.000 a repartir en catro sorteos trimestrais: 28/03/2014, 27/06/2014, 26/09/2014 e 26/12/2014 . Cada sorteo está dotado con 15 vales de compra por valor de 100 € cada un. En total 1.500 € cada trimestre.
FUNCIONAMENTO DOS SORTEOS
Os días anteriores a cada sorteo, os comerciantes deberán entregar nas oficinas xerais do Concello as matrices correspondentes ás rifas distribuídas ata ese momento, que serán as que se empreguen para a realización de cada sorteo público.
Os días 28 de marzo, 27 de xuño, 26 de setembro e 26 de decembro de 2014, celebrarase no Salón de Actos do Concello o sorteo, diante do Secretario Municipal que dará fé da celebración e resultado do mesmo. A partires dese día poderase consultar na páxina web www.caniza.org, os números premiados. As persoas que resulten premiadas deberán recoller nas oficinas municipais os correspondentes vales de compra que poderán empregar ata o día 31 de xaneiro de 2015, nos establecementos adheridos.