Portos da o visto bo ao proxecto do porto de Aldán
Esta mañá o alcalde de Cangas José Enrique Sotelo acompañado polo presidente da Confraría de Pescadores de Aldán, reuniuse en Santiago co presidente de Portos José Juán Durán para tratar diversos asuntos relacionados coa zona portuaria desta parroquia.
Unha das decisión tomadas durante o encontro foi a de licitar a proposta elaborada por técnicos municipais para o porto de Aldán. Coas actuacións que se realizarán construirase un pantalán flotante de abrigo de 50x40m con dous brazos de 20 metros de largo e 2 de ancho cada un, dando resposta a unha demanda que os mariñeiros solicitaban dende fai máis anos. Entre as novidades tamén está a construción dun pantalán para a flota pesqueira, un pantalán de entre 40 e 50 prazas, o travelift e un servizo de repostaxe.
Nun prazo de dous meses sacarase a concurso o prego para a explotación do travelift e os novos servizos que se instalarán na explanada.
Outro dos temas tratados foi o da nova lonxa do porto de Aldán. Polo momento están pendentes de que o arquitecto redactor do proxecto presente as últimas variacións realizadas nos planos a petición de usuarios do sector.
Ademais falaron sobre o problema de acceso ao porto dada a inestabilidade que unha das pontes de pedra do paseo de Aldán sufre, como consecuencia do descabalgamento dunha das rochas da súa base. Esta inestabilidade incrementouse aínda máis tras os fortes ventos e choivas que afectaron ao municipio as pasadas semanas.
Outra das demandas pendentes que se satisfixo nesta reunión foi a das redeiras, que solicitaban a colocación dun estor que evitase a entrada da luz solar dana os aparellos. Esta mañá o ente público firmou a autorización do gasto para a súa colocación. Así mesmo, un responsable de Portos visitará a vindeira semana a zona para estudar a posibilidade da colocación dun yoyó.











