publicidade hoxe

Ponteareas é escenario da aposta da Xunta por potenciar as prazas con novos servizos para os consumidores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPonteareasPontevedra
A-
A+
Presentación do novo punto de información interactiva

Presentación do novo punto de información interactiva

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, salientou hoxe na presentación do novo punto de información interactiva instalado na praza de abastos de Ponteareas a aposta da Xunta por potenciar as prazas de abastos con novos servizos para os consumidores, contribuíndo así a consolidalas como líderes na venda de produto fresco e de calidade. No acto participou tamén a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

No novo tótem, que forma parte dun proxecto para a dinamización dos mercados en colaboración coa Deputación de Pontevedra, ofrécense receitas para elaborar cos produtos da praza, información turística ou sobre as instalacións do mercado. Ademais de Ponteareas, contan con estes puntos de información os mercados de Portonovo, O Grove, Caldas de Reis, Porriño, Bueu, Vilagarcía de Arousa e Redondela.

A directora xeral de Comercio, que tamén asistiu ao showcooking a cargo do restaurador Pepe Solla, salientou que as prazas de abastos teñen un papel central na estratexia de impulso á mellora competitiva do comercio de proximidade que desenvolve a Consellería de Economía e Industria. Dentro desta estratexia, lévanse destinado nos últimos anos preto de cinco millóns de euros á modernización e remodelación do mercado de abastos de Ponteareas.

Nestes momentos, a Consellería ten aberta a convocatoria de axudas para impulsar a labor que desenvolven as asociacións de comerciantes na dinamización dos centros comerciais abertos e as prazas de abastos, dotada con 2,2 millóns de euros.

7 de febreiro de 2014 | 16:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.