Ponte Caldelas convoca unha nova edición dos concursos para a Festa da Troita 2014
O Concello de Ponte Caldelas volve convocar unha nova edición dos concursos de Redacción, Fotografía e Carteis, con motivo da celebración da XLVIII Festa da Troita, que se celebrará o fin de semana do 31 de maio e 1 de xuño, e que manterán a contía económica de pasadas edicións.
Dentro das actividades programadas ao redor da Festa da Troita, o Concello de Ponte Caldelas convoca o XV Concurso de Redacción, o XIII Concurso de Carteis e o XIII Concurso de Fotografía co fin de estimular a participación cidadá, especialmente dos alumnos do municipio, na exaltación dos valores turísticos, gastronómicos e ecolóxicos deste evento que marca o inicio da tempada estival en Galicia.
Así, o Concurso de Fotografía, que cumpre este ano a súa décimo terceira edición cun máis que notable éxito de participación e de calidade das obras presentadas, pretende conseguir unha maior difusión e promoción turística da Festa da Troita a través da imaxe plástica recollida polos distintos dispositivos capturadores de instantáneas relacionadas co propio evento festivo, o municipio, os labores tradicionais, as xentes, así como o concepto e carácter sustentable da mesma.
Cada concursante poderá presentar un máximo de dúas fotografías a cor ou en branco e negro, en brillo ou mate, cun tamaño mínimo de 15×20 centímetros. Non se aceptarán aquelas fotografías que sexan manipuladas por computador. O prazo de presentación nas oficinas municipais ábrese o 1 de marzo e pechásese o 7 de abril, ás 14 horas.
As obras serán presentadas sen firma do autor e baixo unha lema, que aparecerá escrito no respaldo da fotografía. Irán acompañadas dun sobre pechado en cuxo exterior figurará o mesmo lema que o da/s fotografa/s. No interior do sobre depositarase unha nota, escrita a máquina ou computador, co nome e apelidos do autor, residencia, domicilio, número de teléfono e fotocopia do Documento Nacional de Identidade (DNI).
Así mesmo fotográfalas concursantes pasarán a formar parte do arquivo fotográfico do Concello de Ponte Caldelas a fin de que poidan ser utilizadas, si fose o caso, para a promoción turística do municipio. Este certame conta con tres premios dotados cunha cunatía económica de 300, 200 e 100 euros, respectivamente, para o primeiro, segundo e terceiro clasificados.
CONCURSO DE CARTEIS PARA ARTISTAS NACIONAIS E INTERNACIONAIS
Polo que respecta ao XIII Concurso de Carteis estará dotado cun premio único de 400 euros para o gañador do certame que ten como obxecto seleccionar o motivo anunciador da XLVIII “Festa da Troita” de Ponte Caldelas e a el poderán concorrer artistas nacionais e internacionais. Este cartel servirá de base de todo o traballo de promoción e divulgación da imaxe que lucirá a presente edición deste evento que goza do distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia.
O formato do cartel será de 45×60 centímetros, como tamaño mínimo, e un máximo de 70×100, e poderá presentarse sobre o soporte ou montaxe exterior que o autor crese oportuno. O cartel levará de forma obrigatoria o seguinte texto: XLVIII Festa da Troita PONTE CALDELAS 2014 e a data de celebración, é dicir, 31 de maio e 1 de xuño (opcional, no seu caso incluiríase posteriormente en imprenta).
Cada concursante poderá presentar un máximo de dúas obras, inéditas, de técnica libre e o prazo de admisión dos traballos abrirase o 1 de marzo e pecharase o 7 de abril de 2014 ás 14 horas. Os traballos presentaranse de luns a venres nas oficinas do Consistorio de Ponte Caldelas, en horario de 9 a 14 horas.
Os traballos deberán ir montados sobre un soporte ríxido e convenientemente embalados. Os carteis serán presentados sen firma do autor e baixo unha lema, que aparecerá escrito no respaldo do cartel. Irán acompañados dun sobre pechado en cuxo exterior figurará o mesmo lema do cartel. No interior do mesmo depositarase unha nota, escrita a máquina ou computador, co nome e apelidos do autor, residencia, domicilio, número de teléfono e fotocopia do Documento Nacional de Identidade (DNI).
O interese por este concurso entre deseñadores e artistas é ben coñecido e así o pasado ano o gañador do certame foi, por primeira vez na historia destes premios, un concursante residente fóra de Galicia o que vén corroborar o atractivo deste premio non só na nosa Comunidade Autónoma senón tamén en todo o territorio nacional.
Co fin de que poidan ser consultadas, as bases atópanse xa expostas na páxina web do Concello (www.pontecaldelas.org), así como o mecanismo que rexerán os distintos concursos, así como a actuación dos xurados encargados de ditaminar a presente edición destes prestixiosos certames.











