Ponte Caldelas celebra o festival infantil de Entroido o domingo 2 de marzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O Concello de Ponte Caldelas decidiu trasladar a celebración do Festival Infantil de Entroido ao salón de actos do Colexio Cordo Boullosa ante a previsión metereológica que indica que o domingo 2 de marzo teremos mal tempo.

A pesar de todo, o Concello de Ponte Caldelas anima aos nenos e pais do municipio a achegarse o domingo ao Colexio Cordo Boullosa, a partir do cinco da tarde, para participar nunha xornada de entroido gozando de música e animación na que os máis pequenos da casa serán os protagonistas.

Os nenos gozarán de música e entretidos xogos a cargo de monitores que farán máis divertida e participativa esta festa infantil de entroido en Ponte Caldelas.

VERBENA E DESFILE DE ENTROIDO, O MARTES DIA 4

Por outra banda, o Concello de Ponte Caldelas destinará un total de 2.370 euros en premios para os participantes no desfile de entroido que terá lugar o martes 4 de marzo, a partir das 22 horas e que finalizará na Alameda co goce dunha verbena amenizada por Orquéstraa D´Moda.

A verbena comezará media hora antes do desfile para facer máis levadíos os momentos previos á saída dos participantes entre os que estarán vistosas comparsas vindas de varios puntos da provincia e que teñen en Ponte Caldelas unha cita habitual desde hai anos.

28 de febreiro de 2014 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.