Poio oferta novos cursos de retoque dixital, inglés e lúdicos para os veciños da vila

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

CURSO DE RETOQUE DIXITAL

Mañá de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 o alumnado participante no taller intensivo de retoque dixital, aprenderá da man do monitor José Chazo, os segredos do photoshop, na casa dos guardeses en Besada.Esta actividade organizada pola OMIX do concello, da a oportunidade aos amantes ou principiantes da fotografía, de investigar e aprender técnicas que lles permitan obter mellores tomas ou mesmo transformalas.A concellería de Xuventude ten previstos outros talleres nesta temática para os vindeiros meses: iniciación á fotografía, fotografía para viaxar ou de narración fotográfica.

CURSOS DE INGLÉS TÉCNICO NAVAL OU INGLÉS COMERCIAL

Dentro do apartado de formación en idiomas que organiza a OMIX, se poñen en marcha para o mes de marzo os cursos de inglés técnico naval, relacionado co “argot” do sector naval con contidos básicos que sirvan para interpretar instruccións,normas ou especificacións relativas ás distintas tarefas de cada un.En canto ao inglés comercial, netas clases se traballará a linguaxe usual no comercio.As clases teñen un coste de 50€/mes, dous días á semana e se van a impartir  no local municipal:Xaime Illa.

OBRADOIRO LÚDICO

Outra das actividades que pon en marcha no mes de marzo Xuventude é un obradoiro lúdico dirixido a nen@s de 5 a 12 anos no que se traballará, fundamentalmente, con materiais de refugallo.Este taller se oferta os sábados, en horario de 11.00 a 12.30, na Escola do Campo en Combarro;ten un custo de 10 euros e no prezo se  inclúen os materiais.

Para información ou inscricións hai que chamar ao tfno.:986872401 ou achegarse ata a OMIX, ubicada no Centro Social do Concello.

7 de febreiro de 2014 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.