Plan de formación intersectorial da CEC para a Asociación Hostalaría Compostela
Nos próximos meses de Marzo e Abril, a Asociación Hostalaría Compostela vai realizar os cursos de XESTIÓN EFICAZ DE ESTABLECEMENTOS DE RESTAURACIÓN e SERVIZO DE VIÑOS enmarcados dentro do Plan Intersectorial de Formación de CEC (Confederación de Empresarios de Coruña) e que se impartirán nas aulas do Centro de Formación e Cultura Gastronómica que posúe a Asociación de Hostalaría na Rúa Salvadas, 29-31 da cidade de Santiago de Compostela.
Para poder inscribirse nestes cursos pódese facer a través de 2 vías:
Directamente a través da páxina web da CEC (Confederación de Empresarios de Coruña), www.cec.es (banner que pon “plan de formación para ou emprego”)
Ou ben, cubrindo a ficha de inscrición que achegamos e remitíndoa á Asociación de Hostalaría de Santiago de Compostela.
GESTION EFICAZ DE ESTABLECEMENTOS DE RESTAURACIÓN – 50 horas
Certificacións: Esta acción non está vinculada a ningún certificado de profesionalidade
Modalidade: Mixta (45 horas presenciais e 5 horas teleformación)
Inicio: 24/03/2014
Fin: 16/04/2014
Horario: De 17.00 a 20.00
Días presenciais: 24, 25, 26, 27, 31 de marzo e 1, 2, 3, 7, 8, 9, 10, 14, 15 e 16 de abril
Prazas dispoñibles: 15
Obxectivo Xeral
Coñecer os procesos de xestión empresarial e a súa aplicación aos establecementos de restauración. Identificar os distintos puntos de control necesarios para poder ter unha avaliación completa sobre o rendemento do establecemento.
Módulos formativos
1. O sistema organizativo dentro dos establecementos de restauración – 2. A cadea de valor do restaurante – 3. A variable beneficio/custo – 4. As dimensións da experiencia gastronómica – 5. A xestión integral do custo de materia prima – 6. A estrutura de vendas e os cocientes de rendibilidade – 7. O catro de mando do restaurante – 8. A mellora continua da oferta gastronómica. O menú engineering – 9. Análise de casos de éxito de establecementos de restauración
MF1048_2: SERVIZO DE VIÑOS – 100 horas
Certificacións: Esta acción está vinculada ao certificado de profesionalidade (RD 1256/2009 do 24/07 BOE nº 208 do 28/08/2009; RD 685/2011 de 13/Maio BOE nº 137 do 9/Xuño/2011)
Modalidade: Mixta
Nivel de cualificación profesional: 2
Inicio: 21/04/2014
Fin: 05/06/2014
Horario: De 17.00 a 20.00
Días presenciais: 21, 22, 23, 24, 25, 28, 29, 30 de abril e 5, 6, 7, 8, 9, 12, 13, 14, 15, 16, 19, 20, 21, 22, 23, 26, 27, 28 de maio e 2, 3, 4, 5 de xuño
Prazas dispoñibles: 15
Obxectivo Xeral
Definir cartas sinxelas de viños de modo que resulten atractivas para a clientela, potencien a súa venda e se adecuen á oferta gastronómica do establecemento. Realizar o aprovisionamento de viños de consumo habitual para a adega así como da bodeguilla ou cava do día. Ofertar e servir viños de acordo cos tipos e normas de servizo e realizar catas sinxelas dos viños máis significativos.
Módulos formativos
1. Elaboración do viño en hostalaría
2. O Servizo de viños
3. A Cata de viños
4. Aprovisionamento e Conservación de viños
5. Cartas de viños
6. A Maridaxe
DESTINATARIOS DA FORMACIÓN:
Todas as persoas interesadas en participar nestes 2 cursos deberán ser Traballadores de calquera sector dados de Alta na Seguridade Social no Réxime Xeral (os Autónomos quedan excluídos) no momento de iniciarse o curso. Tamén poderán participar aqueles traballadores que se atopen nalgunha das seguintes situacións: Fixos descontinuos nos períodos de non ocupación, Persoas acollidas a regulación de emprego (ERE) nos seus períodos de suspensión de emprego por expediente autorizado e Persoas que accedan á situación de desemprego unha vez iniciado o curso. Ademais poderán participar en cada acción formativa unha porcentaxe importante de persoas desempregadas, inscritas como tal nos Servizos Públicos de Emprego ao comezo da formación.
Para poder participar na acción formativa MF1048_2: SERVIZO DE VIÑOS vinculada a un certificado de profesionalidade de Nivel 2 necesítase ter como mínimo algunha das seguintes titulacións: Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (LOE) / Graduado en Educación Secundaria (LOGSE) / ESO / 2º BUP cun máximo de 2 materias pendentes entre os 2 cursos / Técnico (Ciclo formativo de grao medio) / Técnico Auxiliar (FP1) / Superar as competencias crave que esixe o certificado ao que desexa acceder / Acreditar que posúe coñecementos da lingua galega ben cun certificado de realizar un curso de Iniciación ao Galego, ou solicitando no centro de estudos Certificado CELGA nivel 2.











