Palas de Rei incorpora ao seu parque móvil nova maquinaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+
Novo vehículo do parque móbil municipal

Novo vehículo do parque móbil municipal

Un novo vehículo integra dende o pasado venres o parque de vehículos de traballo do Concello de Palas de Rei. Neste caso, trátase dun camión lixeiro todoterreo forestal para extinción de incendios forestais que servirá para desenvolver tarefas  de defensa contra incendios forestais para as que está especialmente preparado e para a participación en labores de prevención e defensa contra incendios forestais tanto do Grupo de Emerxencias Supramunicipais, como na temporada especial de risco de incendios ó equipo de loita contra o lume do Concello de Palas.

Este camión lixeiro, todoterreo forestal foi adquirido polo Concello de Palas de Rei en virtude da orde do 10 de maio de 2013 (DOG nº 95, de 21 de maio de 2013) da Consellería de Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia, pola que se convocan, en rexime de concorrencia competitiva, axudas aos concellos para o apoio á extinción de incendios forestais.

 Trátase dunha autobomba Forestal Media BFM 30, URO VAMTAC CK95 con cabina sencilla.

Tamén, nos últimos meses, o Concello de Palas de Rei adquiriu unha retroescabadora para usos diversos. Convén sinalar, que actualmente o parque de maquinaria do Concello de Palas de Rei está composto por:

-2 camións recolectores de lixo

-2 camións contra incendios

-1 camión cisterna para riego

-1 camión grua

-2 Tractores con pala multifunción

-Varíos  vehículos lixeiros.

Todo elo, conforma o parque móvil do Concello de Palas de Rei, valorado en máis de 600.000 €uros. “Con estes medios é a forma de que os pequenos concellos vaíamos resistindo as moitas dificultades que estamos a pasar. Deste xeito, Concello como o de Palas de Rei froito da súa política de inversión en maquinaria pode chegar a executar a maior parte das súas obras de mellora e mantemento de infraestructuras públicas de maneira o máis económica posible para as arcas municipais” manifesta o alcalde Pablo Taboada.

7 de febreiro de 2014 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.