publicidade hoxe

Padín e Mackay foron claves no derbi da ría

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroDeportesVilagarcía de Arousa
A-
A+

Ben se podería dicir que o encontro desputado esta tarde sobre o céspede do municipal de A Lomba, en Vilagarcía, se divide en dúas partes: Na primeira o conxunto de Piscis levaba as rendas do partido, pero a segunda metade caeu a cargo do equipo visitante, o Boiro.

O Arosa, que debutaba como local na Lomba, cuxo terreo de xogo estaba en mal estado, foi quen de asustar ao cancerbeiro boirista Ian Mackay durante boa parte da primeira parte, pois a saga defensiva de Gelucho caeu en diversos erros que facilitaban a incursión dos cancerbeiros na área de Mackay, pero non conseguiron anotar.

O que sí acertaría e enviaría o esférico ó máis fondo da rede sería, definitivamente, Carlos Padín no minuto 33. Padín sería capáz de bater a un dos mellores porteiros da categoría, Jorge Pérez, de inaugurar o tanteador e, definitivamente, de facer que a afición boirista desprazada á Lomba entre a que se atopaba a peña Krusadas Boirenses, se viñese arriba e non deixase de animar ó equipo no que quedaba de partido.
A entrada de Anxo no campo cambiou completamente o xogo do Boiro, que foi quen de presionar con contundencia e crear perigo moi serio a Jorge Pérez. O Arosa desaproveitaría despois algunhas claras ocasións, ao igual que o conxunto de Gelucho.

FICHA TÉCNICA Arosa S.C.: Jorge Pérez, Juanjo, Alex Freire, Martín, Munin, Rivas, Nando, Pablo Pillado, Cubas, Jesús (Vixo, min. 67) y Eloy (Ramón, min. 73). C.D. Boiro: Mackay, Paco, Marcos, Cardeñosa, Rendo (Anxo, min. 37), Pedro, Rubén, Jacinto, Hugo Soto, Padin (Bendaña, min. 57) e Iván.
Árbitro: Adrián García, A Coruña. Expulsó al local Juanjo en el minuto 25 de la segunda mitad.

 

23 de febreiro de 2014 | 23:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.