Ourense acollerá a representación de “Faíscas” unha iniciativa solidaria a favor da Fundación Meniños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOurense
A-
A+

“Faíscas” foi presentada porlo director da mesma, Afonso García, xunto o mestre EixoBranco e varios dos intérpretes, que representaron un dos “sketchs”.

Esta obra, cuxo guíon foi redactado polos propios intérpretes é un canto cromático aocompañeirismo, ao respecto ao diferente e á solidariedade. Unha obra rebordante decolorido protagonizada por un amplo elenco de adolescentes que realizan un camiñoiniciático na procura de novos horizontes.

Trátase dun divertido xogo onde a imaxinación xoga un papel chave, un alegato emotivo dasinquedanzas do mundo adolescente que reterá a ollada curiosa durante o espectáculo eunha reivindicación do teatro como luz, movemento, son, música, ritmo, emoción, poesía…A representación terá lugar o próximo 20 de febreiro no Teatro Principal de Ourense.A primeira sesión, ás 12:00 e está destinada a escolares. A segunda representacióndesenvolverase ás 20:30 para o público xeral.

O prezo das entradas será de 2 euros. Os cartos recadados destinaranse á FundaciónMeniños, que desenvolve programas de atención familiar e sensibilización cos dereitos dainfancia. A ONG entregará material informativo aos asistentes á representación para que poidancoñecer máis polo miúdo o traballo que realiza.

Agardamos poder contar coa vosa presenza o día da representación, e agradecemos o vosointerese e a cobertura desta iniciativa.

14 de febreiro de 2014 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.