Os xogadores do Santiago Futsal, David e Diego Quintela, visitan o Colexio Manuel Peleteiro

Visita dos xogadores do Santiago Futsal ao colexio
Os xogadores do Santiago Futsal, David e Diego Quintela visitaron esta mañá o Colexio Manuel Peleteiro, onde case 200 nenos e nenas recibiron aos xogadores. Os alumnos e alumnas escoitaron atentos as experiencias relatadas por ambos os xogadores que explicaron o día a día do seu traballo como deportistas profesionais.
David, falou da súa ampla experiencia no mundo do fútbol sala e as súas funcións como capitán do equipo, mentres que Diego Quintela relatou aos alumnos os seus mellores recordos co gol que lle deu a Supercopa ao Santiago Futsal ou a súa convocatoria coa selección española absoluta. Os alumnos do centro tiveron oportunidade de facer unha quenda de preguntas e ao finalizar a charla puideron sacarse fotos cos futbolistas.
Ademais, convidaron os alumnos e alumnas do centro ao próximo partido do Santiago Futsal en casa, que será este venres ás 21h ante Colexios Areas Gran Canaria.











