Os veciños de Ordes poderán renovar o seu DNI no mesmo municipio a partir de mañán
Durante mañá venres e ao longo de toda a vindeiro semana os veciños e veciñas de Ordes poderán renovar ou solicitar o seu novo DNI sen ter que desprazarse do municipio. Unha unidade móbil da Policía Nacional levará a cabo esta labor na Casa da Cultura, situada no número 25 da rúa Galicia. O horario de atención ao público irá dende as 9 ata as 12 horas.
Para facer uso deste servizo é imprescindible reservar cita previamente nas oficinas xerais do Concello, ou ben chamando ao teléfono 981 680 002 de 8 a 15 horas.











