Os usuarios de axuda a domicilio do Carballiño non manifestaron ningunha queixa sobre este servizo municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

A responsable da área de Benestar Social do concello do Carballiño, Purificación Alberte, aseguraba que non nos consta ningunha queixa dos usuarios e usuarias do servizo de axuda no fogar(SAF), e leste é o obxectivo prioritario dos responsables municipais”, sen esquecer está claro ás traballadoras  que “desde o momento en que se externalizó este servizo asegurámonos  que a empresa, contratase  ás mesmas traballadoras que xa desempeñaban este servizo no concello nas mesmas condicións  que tiñan, como así foi”.

Estas declaracións veñen despois das acusacións realizadas polo portavoz do PSdeG-PSOE  primeiro no pleno e logo en varios medios de comunicación, asegurando que varias traballadoras dese servizo municipal habían interposto unha conciliación á empresa prestadora do servizo. Fumega sinalaba que a edil carballiñesa non se preocupaba da situación laboral destas traballadoras, ante o que Alberte sinala que “desde o momento que externalizamos o servizo o único que podiamos facer, e que fixemos, foi garantir a continuidade laboral das traballadoras. Unha vez estas entraron a formar parte da empresa concesionaria, o único obxectivo do concello é que o servizo de axuda no fogar (SAF) leve a cabo coas máximas garantías de calidade e profesionalidade para os usuarios e usuarias do concello de Carballiño.  E o externalizados coa convicción plena e absoluta de mellorar o servizo, ao ser prestado por   unha empresa  especializada neste tipo de actividades”.

Polo que a preocupación e o compromiso  desta concelleira, foi, é e será garantir e mellorar no posible o   funcionamento deste servizo. 

A pesar de que periodicamente se solicita dos usuarios e usuarias unha valoración do servizo, nestes días falouse novamente con eles para coñecer si o servizo estaba a desenvolverse de maneira correcta e en todos os casos a resposta foi afirmativa, polo que “ está plenamente garantido o bo funcionamento do servizo e a función que debe desempeñar o concello  máis que probada”.

Por último Purificación Alberte aseguraba que, das 15 traballadoras que prestan o servizo, soamente son 6 as que interpuxeron a conciliación e ningunha delas púxose en contacto con  esta concelleira para informala das súas queixas, nin sequera coa propia  empresa como sería o adecuado .

24 de febreiro de 2014 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.