Os técnicos vilagarcián recomendan restrinxir os adestramentos nos dous campos de herba natural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Fundación de Deportes restrinxirá temporalmente os adestramentos nos dous campos municipais de herba natural (A Lomba e Fontecarmoa) ata que non melloren as condicións climatolóxicas. A medida adóptase en base aos informes técnicos que recomendan preservar os terreos de xogo que se encontran moi brandos debido as persistentes chuvias das últimas semanas. Os clubs poderán xogar os partidos oficiais pero deberán adestrar nos campos de herba artificial que a Fundación pon a súa disposición e que xa teñen asignados dende principios de temporada.

As chuvias impiden unha calquera actuación para mellorar o estado de ámbolos dous terreos de xogo máis ala do pinchado das mesmas para acelerar o drenaxe, xa que o uso de maquinaria sobre o herba no actual estado, tería efectos moi prexudiciais.

En canto á problemática xurdida tras o adestramento que o pasado xoves realizou o Arosa no campo de Fontecarmoa onde xoga os partidos de competición o club de rugby Os Ingleses, a Fundación aclara que foi o equipo de fútbol quen solicitou de forma expresa poder usar ese campo para preparar o derby contra o Pontevedra e dadas as especiais circunstancias que se daban de que a herba da Lomba se atopaba en moi mal estado e das medidas de precaución que estaban a seguir desde que varios xogadores sufriran queimaduras na pel tras un partido. A Fundación explica que autorizou a petición puntual do Arosa despois de que os técnicos comprobaran que o terreo de xogo de Fontecarmoa se atopa o mércores en perfectas condicións para a práctica. Ademais o club comprometérase a realizar un adestramento técnico, é dicir, que non tiñan previsto usar botas con tacos para evitar levantar a herba.

Organización para dar cabida a todos os clubs

A Fundación lembra que en Vilagarcía existen 19 clubs deportivos (sen contar co Club Natación que adestra na piscina municipal) que suman un total de 1.100 deportistas deportistas, que solicitan ao Concello poder usar as instalacións deportivas municipais que tamén acollen as actividades para nenos e adultos que organiza directamente a Fundación e que suman 800 usuarios máis.

Por sorte o Concello dispón dun elevado número de infraestruturas deportivas (18) que pon a plena disposición destes clubs de forma gratuíta. Son:

11 canchas nos pavillóns de Fotecarmoa, Castelao, Fexdega, Carril, Faxilde, A Torre e Guillán
6 campos (2 de herba natural: A Lomba e Fontecarmoa; 3 de artificial: Vilaxoán, Berdón e Manuel Jiménez; e o de terra da Pelada)
Pistas de Atletismo

Coidado das instalacións e garantir a convivencia, únicas contraprestacións

Aínda que outros concellos cobran aos clubs polo uso das instalacións deportivas municipais que se constrúen e manteñen con fondos públicos, o de Vilagarcía optou por potenciar e fomentar a actividade deportiva e os sostemento dos clubs cedendo o uso gratuíto das súas instalacións aos clubs, aparte das subvencións que se lles conceden anualmente. A única contraprestación que lles pide é que coiden as instalacións e que faciliten a convivencia entre todos os clubs.

Seguindo esta liña de fomentar o deporte e colaborar no sostemento dos clubs, o Concello, a través da Fundación Deportiva, intenta que todos os clubs do municipio teñan de forma gratuíta un lugar no que adestrar e xogar nas mellores condicións posibles. E para iso organízase a principios de cada temporada os horarios e asignación de instalacións a cada club en función dos equipos e horas nas que establecen os adestramentos e seguindo os criterios recollidos no Regulamento de Uso das Instalacións deportivas Municipais aprobado polo Consello Reitor da Fundación e polo Pleno do Concello.

A Fundación intenta compatibilizar as necesidades e demandas de todos eles para que poidan desenvolver as súas actividades, e tratando de que todos comprendan que non son os únicos en demandar as instalacións municipais.

Pola súa parte, o Concello pon todos os seus medios ao seu alcance para que os clubs e deportistas da cidade profesionais ou non profesionais, poidan practicar deporte nas mellores condicións. No que vai de mandato habilitáronse novos espazos para o deporte, como o Pavillón de Fexdega con catro canchas e espazos para a realización de actividades propias.
E tamén se realizaron importantes melloras nas instalacións xa existentes:

Cambio do céspede artificial por outro de nova xeración nos campos Manuel Jiménez e Berdón
Melloras en Berdón: cubrición do perímetro con pranchas de herba artificial aproveitadas, ampliación de grada e construción de almacén.
Cambios do parqué do pavillón número 1 de Fontecarmoa.
Habilitación dunha zona de quencemento no Manuel Jiménez
Mallora no pavillón de Faxilde: recollida de pluviais, remodelación duchas, cambios de fiestras

Están a piques de comezar outras importantes melloras como:

Reforma do pavillón de Castelao
Construción de novos vestiarios e almacén no campo de Vilaxoán
Acondicionamento do acceso ao pavillón de Faxilde

5 de febreiro de 2014 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.