Os taxistas de Teo constitúense nunha asociación en defensa dos seus intereses

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaTeo
A-
A+

O colectivo de taxistas de Teo vén de asociarse a finais do ano pasado na Asociación Autotaxis de Teo como un xeito de ter unha voz única e unitaria na defensa dos seus intereses e tamén de facer chegar dunha maneira máis clara as súas reivindicacións. Neste momento o Concello de Teo conta con once licenzas de autotaxi ocupadas e funcionando e a asociación nace integrada por nove deses taxistas.

Dende a organización explican que pensamos que deste xeito podemos ter máis forza como colectivo e a nosa intención é representar os intereses do mesmo pero tamén facer chegar as nosas opinións diante das administracións naqueles temas que nos afecten e ser interlocutores autorizados.

Unha vez constituídos o colectivo de taxistas tamén definiu cuestións prioritarias no propio deseño do seu traballo, un servizo público imprescindible, máis se cabe nun Concello coma Teo cunha gran dispersión. Deste xeito unha das primeiras medidas que puxeron en funcionamento nos últimos meses foi a contratación dun número fixo, o dos Taxistas de Teo, o 981 807 410, que se atenderá durante toda a xornada. A cabina, que instalou o Concello a petición do colectivo, está colocada en Montouto. Neste momento os taxistas decidiron que terían unha parada-base, a de Montouto, e dende aí darán servizo a todo o Concello. Se cada un estivera nunha parada podería darse a circunstancia de que non se puidesen cubrir todas as viaxes por non poder atender a chamada do usuario.

4 de febreiro de 2014 | 17:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.