Os proxenitores poderán reservar praza na Escola Infantil de Ribadumia ata o 9 de abril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

A Escola Infantil Municipal de Ribadumia de 0 a 3 anos ten aberto o prazo de reserva de prazas para o vindeiro curso escolar entre ata o 9 de abril. As solicitudes de admisión pódense recoller tanto no propio centro como nas oficinas municipais, pero deberán presentarse na propia gardería. A lista de admitidos exporase no centro e no taboleiro de anuncios do concello a partir do 15 de maio.

Ademais da folla de inscrición cuberta, os interesados deberán aportar o certificado de empadroamento, a fotocopia compulsada do libro de familia, fotocopia do DNI do solicitante e xustificante de ingresos da unidade familiar. Tamén se deberá xustificar, no caso de darse a situación, a ocupación laboral dos dous membros parentais, o carné de familia numerosa, a condición de familia monoparental ou a acreditación de discapacidade.

Os criterios valorados á hora de outorgar as prazas inclúen a situación social, laboral e económica da familia, así como que leven empadroados no concello un tempo mínimo de seis meses. A gardería infantil de Ribadumia conta con preto de cen nenos e nenas que se distribúen en sete aulas.

A gardería de Barrantes e un mais dos servizos do Concello de Ribadumia para facilitar a plena conciliación da vida laboral e familiar, un dos obxectivos prioritarios promovido desde o actual Equipo de Goberno. A gardería conta con cinco aulas e aseos así como un parque infantil exterior.

A gardería permanece aberta desde as 8:00 ata as 20:30 horas, para facilitar a plena conciliación dos horarios laborais e familiares. Xunto coa Escola infantil 0-3 anos, outras das iniciativas postas en marcha polo Goberno de Salomé Peña para facilitar a plena compatibilidade de horarios son a Aula de Acollida ou a Escola de Ocio e Tempo Libre.

24 de febreiro de 2014 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.