Os pequenos do CPI da Cañiza descobren as normas de seguridade Vial
Un ano máis o centro de ensinanza primaria de A Cañiza acolle as Xornadas de Seguridade Vial impartidas polo Axente da Policía Local da Cañiza Santiago Regueiro e por dous funcionarios da Dirección Xeral de Tráfico. Durante os días 27 e 28 de febreiro os pequenos de 9 a 11 anos do Centro Público Integrado da Cañiza puideron disfrutar dunhas xornadas que teñen como principal obxectivo que estos pequenos empecen a recoñecer as sinais viarias.
As xornadas transcurriron entre xogos e aprendizaxe. Os alumnos de 4º, 5º e 6º curso de primaria recibiron unas sinxelas e instructivas clases teóricas con material didáctico de fácil interpretación impartidas polo axente da policía local do Concello da Cañiza sobre as diferentes clases de sinais viarias existentes, o correcto uso do cinturón de seguridade e a necesidade de levar casco de protección nas bicicletas, etc.
Todas estas instruccións as puideron poñer en práctica nun circuito de cars instalado no pavillón deportivo do centro, montado imitando con exactitude un orixinal coas súas rotondas, semáforos, sinais viarias e carriles.
Trátase dunhas xornadas extraescolares pensadas para que os nen@s se vaian familiarizando con todo o referente á seguridade vial e poidan identificar algunha sinal e entender a necesidade da utilización do cinturón de seguridade.