Os pasteleiros ourensáns recadan máis de 3000 euros para a AECC coa Galleta Solidaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseOurense
A-
A+
Entrega do cheque coa recadación obtida

Entrega do cheque coa recadación obtida

En total foron 3009 euros os que esta mañá o presidente dos pasteleiros ourensáns, Martín Sousa, entregaba á súa homóloga na Asociación contra o Cancro, Doura Gómez, recadados coa venda da Galleta Solidaria.

Os representantes de ambas as asociacións consideraron o evento como un auténtico éxito, do mesmo xeito que a cantidade obtida, e destacaron que tanto na Asociación contra o Cancro como nas pastelarías colaboradoras, seguiron recibindo peticións para comprar a famosa galleta, a pesar de vender todas o propio día en que se instalou a carpa na rúa do Paseo.

Martín Sousa destacou na entrega do cheque que a asociación de pasteleiros pretende incentivar as accións deste tipo con esta e outras asociacións da provincia, para estender a solidariedade en tempos difíciles, facendo partícipes a distintos colectivos en favor de toda a sociedade.Pola súa banda, Doura Gómez, agradeceu unha vez máis aos pasteleiros o seu xesto e ter unha idea que gustou a moita xente.
En total foron 15 pastelarías da provincia as que colaboraron desinteresadamente na elaboración desta galleta, que se vendeu ao prezo simbólico dun euro o propio Día Mundial contra o Cancro Infantil.

21 de febreiro de 2014 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.