Os máis pequenos dan comezo ao Entroido do Carballiño
A programación de Entroido 2014 en O Carballiño comeza este fin de semana cos máis pequenos. O venres, desde as 17h30′ – 19h30′ na Biblioteca Pública Municipal de O Carballiño ENTROIDO DE CONTO NA BIBLIOTECA. Os nenos e nenas que queiran poden ir disfrazados do seu personaxe preferido de conto,cómic … Reaizaran actividades como decoración temática na Biblioteca polo Entroido , Obradoiros e Contacontos.
Desde ese mesmo 28 de febreiro , 1 e 2 de marzo
ENTROIDO TEMÁTICO “O FAMOSO NO CARBALLIÑO” nos locais de lecer do Carballiño.
Sábado, 1 de marzo
BATUKADA “BATE NON COBRE”
A partir das 20,00 horas polas rúas da vila
E o domingo de entroido, 2 de marzo , os nenos cobran novamente o protagonismo.
Animación a cargo da Charanga CASTRO BELO pola mañá e pola tarde
– CONCURSO INFANTIL DE DISFRACES NON CONFUNDAS III
– OBRADOIRO INFANTIL DE GALLETAS DE ENTROIDO
A partir das 17,30 h na Praza da Veracruz
Precisamente na Praza da Veracruz habilitarase unha carpa para que, as charangas que auieran, poidan actuar no caso de que o tempo non acompañe e a choiva poida impedir algunha actuación. Desde a área de Cultura convídase a todos os grupos e charangas que durante ese día van actuar, que non teman á choiva e fágano na carpa instalada para tal fin no anfiteatro da Veracruz.











