Os instaladores eléctricos honran á Candelaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

Os instaladores eléctricos da provincia acoden mañá sábado aos actos en honra á súa patroa, a Virxe da Candelaria. Seguindo a tradición de anos anteriores, en primeiro lugar celebrarán unha misa que terá lugar na Igrexa dos Franciscanos (Parque de San Lázaro) ás 13:00 horas, para a continuación reunirse nos Salóns Cabú (Coles) para compartir un xantar de confraternización.

Do mesmo xeito que en edicións anteriores, á cita acudirán profesionais de toda a provincia, ademais de membros das outras asociacións provinciais do gremio en Galicia, e representantes doutros organismos e entidades que dun e outro modo teñen relación coa asociación.

Constituída en decembro de 1977, esta Asociación agrupa e representa aos profesionais deste sector e na actualidade está presidida por José Luís Cid González.

7 de febreiro de 2014 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.