Os espazos culturais de ocio e hostalería de Vigo e Redondela protagonizan a nova edición de MPK Magazine

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRedondelaVigo
A-
A+

A revista cultural e de entretemento MPK magazine xa está dispoñible para a súa lectura gratuíta nos seus “Puntos de Lectura” e na versión on-line.

Editada e imprimida por MPK Asociación e de tirada estacional, a revista distribúese a través dos seus “Puntos de Lectura” que se poden consultar na súa páxina web:www.mpkmagazine.com , e que inclúen diversos espazos culturais de ocio e hostalaría de Vigo e Redondela.

MPK magazine nace segundo os seus creadores, da necesidade editar e divulgar unha revista cultural entretida e amena. A súa finalidade non é outra que a achegar ao lector as tendencias culturais do momento en diversas disciplinas como poden ser a fotografía, o cine, a gastronomía, o deseño etc…, tanto de dentro, coma de fóra de Galicia.

28 de febreiro de 2014 | 11:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.