Os colexios de Petelos e Pena de Francia e o Instituto realizan o “Plan Director”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Dous dos CEIPs do Concello de Mos, CEIP Petelos e CEIP Pena de Francia, e o IES de Mos, levarán a cabo este mes de febreiro o “Plan Director”, programa dirixido a través do Ministerio de Interior e executado grazas a colaboración do Sarxento Xefe da Policía Xudicial de Vigo que impartirá esta actividade.

Dita actividade vai dirixida ao alumnado 5º e 6º de Primaria e a alumnado da ESO. Nela abordaranse os seguintes contidos: acoso escolar; drogas e alcohol; bandas violentas, racismo e intolerancia; violencia sobre a muller e discriminación; e Internet e redes sociais.

Os obxectivos fundamentais deste programa son: responder de maneira coordinada e eficaz as cuestións relacionadas coa seguridade de menores e dos/as mozos e mozas nos centros escolares e no seu entorno, mellorar o coñecemento dos recursos policiais dispoñibles para a prevención da delincuencia e protección ás vítimas e contribuír a formar ao alumnado no respecto aos dereitos e liberdades fundamentais, e nos valores da dignidade e igualdade entre homes e mulleres.

Todo isto coa intención de educar e previr en colaboración co profesorado da escola, axentes fundamentais na educación, e contando co respaldo do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e da Xunta de Galicia. É unha actividade totalmente voluntaria a petición dos centros e adáptase ás súas necesidades.

Ademais da participación do alumnado, o Plan Director tamén contempla a participación do profesorado e dos pais e nais. A primeira das intervencións será mañá día 13 de febreiro no CEIP Petelos, seguido polo CEIP Pena de Francia o día 20 de febreiro.

12 de febreiro de 2014 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.