Os centros cívicos coruñeses informarán o uso responsable de medicamentos
O Concello, a través da Concellaría de Servizos Sociais que dirixe Miguel Lorenzo, informa o ciclo de charlas que a ONG Farmamundi ofrecerá nos centros cívicos municipais para informar os cidadáns sobre a necesidade de facer un uso racional dos medicamentos.
A iniciativa, que se dirixe principalmente ás persoas maiores e a usuarios de fármacos como os pacientes de enfermidades crónicas, céntrase nos problemas que poden derivar de mal uso dos medicamentos, o perigo da automedicación, ou datos de interese como que 1 de cada 2 pacientes toman os medicamentos de maneira incorrecta.
As charlas desenvolveranse da seguinte forma:
San Diego, 19 de febreiro ás 18.00 horas.
Vos Rosales, 11 de marzo, ás 12.00 horas.
Palavea, 3 de abril, 18.30 horas.
Labañou, 9 de abril, 11.00 horas.
Castro de Elviña, 9 de abril, 19.30 horas.
Monte Alto, 25 de abril, 11.30 horas.
Xa en 2013, once centros cívicos da cidade acolleron outra iniciativa da entidade: a exposición Esenciais para a vida, unha mostra co obxectivo de achegar á cidadanía a realidade dos países pobres en relación aos problemas de acceso aos medicamentos e á saúde.
Esta iniciativa forma parte da filosofía da concellaría de dotar aos centros cívicos municipais de programación. Neste sentido, para 2014 programáronse 300 actividades diferentes e máis de 25.000 horas de programación dirixidas a todos os sectores de poboación e tamén a sectores específicos, entre as que destacan:
-As actividades que levan a cabo na rede de centros cívicos municipais, tanto periódicas como puntuais, nas convocatorias de xaneiro a xuño e de setembro a decembro.
-Os campamentos de verán e Nadal.
-O programa de envellecemento activo.
-O programa municipal de prevención de adiccións.
-Actividades dentro do Programa LGTB.
-Conmemoración de días internacionais.
-Sábados cívicos.
-Corais dos centros cívicos municipais.
-Bailes para maiores.











