publicidade hoxe

Os beneficiados pola parcelaria de Niñodaguia-Serantes poderán tomar posesión das parcelas de reemprazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiso
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural e do Mar da toma de posesión provisional das fincas da concentración parcelaria de Niñodaguia-Serantes, 2º sector, no concello coruñés de Santiso.

Esta concentración parcelaria supón a reorganización da propiedade de 1.997 parcelas pertencentes a 364 propietarios. Dende o inicio da mesma lévanse investido algo máis de 792.000 euros, que na súa meirande parte se destinaron á execución da rede de camiños principais.

Con este anuncio dáse un paso máis no proceso concentrador e ponse en coñecemento dos veciños que poden comezar a usar as novas fincas resultantes do proceso de reorganización. Coa concentración parcelaria nestas parroquias, a Xunta de Galicia contribúe a modernizar as explotacións, a mellorar os accesos ás novas fincas e a aumentar o valor da base territorial.

A partir da toma de posesión os adxudicatarios van poder reclamar ante a Xefatura Territorial de Medio Rural e Mar na Coruña no prazo de 60 días, no caso de que existan diferenzas superiores ao 2% entre a cabida real das novas fincas e a que conste no expediente de concentración.

7 de febreiro de 2014 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.