Os alumnos do I Obradoiro Conca do Lérez examínanse en manipulación de productos fitosanitarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

Os 14alumnos/as do I OBRADOIRO DE EMPREGO CONCA DO LÉREZ  pertencente ó Consorcio Local Conca do Lérez, 7 alumnos/as de da especialidade de traballo forestal – xardinería de Cerdedo e outros 7 da mesma especialidade de Campo Lameiro examínanse na mañá de hoxe na aula do edificio administrativo da  Consellería de Medio Rural en Pontevedra para obter o carné de manipulador de productos fitosanitarios.

Esta formación en operación auxiliares en tratamentos silvícolas e no control de axentes causantes de pragas e enfermedades forestais foi impartida dentro da formación propia no oficio de traballo forestal – xardinería nas aulas do obradoiro.

Realizaron recoñecemento de pragas e enfermidades e aplicación das técnicas de tratamento, manipulacion preparación de caldos e de productos fitosanitarios mais intensivo a nivel teórico, sendo un dos obxectivos a procura do carné de manipulador  de productos fitosanitarios.  A dirección do obradoiro tramitou ante a Consellería de Medio Rural e xestionou para que os alumnos/as  poidan ter o carné.

Unha vez pasado este exame van poder aplicarán as técnicas de tratamentos na práctica das actuacións que están levando a cabo tanto en Cerdedo como en Campo Lameiro

28 de febreiro de 2014 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.