Os alumnos da Escola Municipal de Música de Brión ofrecen o IV Concerto de Entroido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

O auditorio do centro social polivalente de Pedrouzos acollerá mañá venres 28 de febreiro, a partir das 20:30 horas, a cuarta edición do Concerto de Entroido da Escola Municipal de Música (ESMU) Magariños de Brión. Un concerto que estará protagonizado pola gran maioría dos 180 alumnos e alumnas matriculados este curso e que é de asistencia totalmente libre e de balde.

O IV Concerto de Entroido comezará ás 20:30 horas coa actuación dos alumnos/as de preiniciación musical, que interpretarán a peza “Perdín o DO”. Seguiranlle os rapaces/zas de Música e Movemento, que interpretarán dúas cancións de mariñeiros. A orquestra infantil da ESMU Magariños pechará esta primeira parte do concerto interpretando dúas pezas: “Peixes, moluscos e crustáceos” e “A maxia do entroido”.

A segunda parte do concerto comezará ás 21:20 horas, intre no que a Banda de Música Magariños interpretará a banda sonora de “Titanic”, que dará paso a dúos musicais que interpretarán pezas clásicas, especialmente de Mozart, con algunha canción moderna, como “The entertainer”.

O IV Concerto de Entroido da ESMU Magariños conta coa colaboración do Concello de Brión, da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 

27 de febreiro de 2014 | 20:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.