Os alumnos da Escola Municipal de Danza de Oleiros participan no February Hip Hop León 2014
Este sábado 22 de febreiro 14 alumnos de Street Dance da Escola Municipal de Danza viaxan a León para tomar parte no February Hip Hop León 2014, onde por unha banda participarán o mesmo sábado en 5 clases maxistrais dos máis prestixiosos e recoñecidos mestres de hip hop actual. Ademais o domingo os ditos alumnos tomarán parte na categoría junior do Campionato Funk León.
O Concello de Oleiros, entendendo que este tipo de actividade axudan a formarse aos bailaríns e bailarinas da Escola colabora coas familias no traslado ata León e a inscrición no campionato. O importante non é o campionato senón a participación nas masterclass que contribuirá a ver e a aprender outras técnicas de baile.











