Oleiros demanda a Portos a construción dun muro de contención no acceso á praia de Naval

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros demandou á Xunta de Galicia que leve a cabo a construción dun muro de contención no acceso á praia de Naval. A fortaleza dos temporais que nas últimas semanas azoutaron a costa oleirense provocaron danos no xa deteriorado acceso ao areal. O Goberno local urxe ao organismo autonómico a que acometa os traballos de forma inmediata para evitar un maior deterioro e para garantir que os accesos estarán 100% operativos antes da chegada do período estival, cando esta praia de Dorneda rexistra maior afluencia. A obra xa fora solicitada con anterioridade polo Goberno local e de feito conta cun proxecto realizado por Portos. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, asegurou esta mañá que a acción do mar foi a causante de que o deterioro se acelerara nos accesos a Naval e por iso instou a Portos a que realizara a obra de forma inminente.

17 de febreiro de 2014 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.